sábado, 1 de enero de 2011

TAUROMAFIA NIN ARTE NIN CULTURA




A TORTURA NON É ARTE NIN CULTURA. POLA ABOLICIÓN DAS TOURADAS
As touradas están baseadas na tortura, a dor e o ensañamento co touro. Transmiten valores negativos, como o uso inxustificado da violencia, o desprezo cara os dereitos dos animais, o goce coa tortura e o maltrato animal. Segundo a Declaración Universal dos Dereitos dos Animais, artigo 11: "todo acto que implique a morte dun animal sen necesidade e un biocidio".
As tradicións deben funcionar como soporte do que nos define e constrúe, mais tamén do que esperamos no futuro. Aquelas que están sustentadas na violencia e no aniquilamiento non fan mais que perpetuar comportamentos que deben ser rexeitados da sociedade.
Ademais, para os galegos e as galegas, as touradas non teñen nada que ver coa nosa historia nen coa nosa cultura, chea de tradicións populares que esmorecen e que si son dignas de recuperación.
AS TOURADAS PAGÁMOLAS TODOS/AS: 564 millóns de euros de axudas públicas no 2010
As tempadas taurinas, as escolas e as ganderías son financiadas con diñeiro publico que tamén pagamos as galegas e os galegos, que somos os que menos interese temos nas touradas en todo o Estado. Segundo diversas enquisas, o 90% consideramos que a tortura dos animais como diversión debe ser suprimida, e a inmensa maioría da poboación nunca asistimos nen asistiremos a unha corrida de touros.
Por todo isto demandamos:
1. O cese inmediato de axudas encubertas as touradas por parte de todas as Institucións Publicas, nomeadamente a Deputación de Pontevedra, principal soporte publico na nosa cidade.
2. Que o Parlamento de Galiza modifique a "Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos ou Salvaxes en Cautividade" que exclúe no seu artigo 5° as touradas, para que prohiba estas actividades.
3. O cese do uso de espazos públicos para a promoción das touradas, así como a supresión nos programas de festas editados polo noso Concello.
4. A declaración de Pontevedra como “Cidade Antitouradas e amiga dos Animais”
5. A reconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.
A TORTURA NOM É ARTE NEM CULTURA. POLA ABOLIÇOM DAS TOURADAS.
As touradas estám baseadas na tortura, a dor e a crueldade com o touro. Transmitem valores negativos, como o uso injustificado da violência, o desprezo dos direitos dos animais, o gozo com a tortura e o maltrato animal. Segundo a Declaraçom universal dos direitos dos animais, artigo 11: “todo acto que envolver a morte de um animal sem necessidade é um biocídio”.
As tradiçons devem funcionar como suporte do que nos define e constrói, mas também do que esperamos no futuro. Aquelas que estám sustentadas na violência e no aniquilamento nom fam mais que perpetuar comportamentos que devem ser rejeitados pola sociedade.
Aliás, para os galegos e as galegas, as touradas nom tenhem nada a ver com a nossa história nem com a nossa cultura, cheia de tradiçons populares que esmorecem e que sim som dignas de recuperaçom.
AS TOURADAS PAGAMO-LAS TODAS/OS: 564 milhons de euros de ajudas públicas em 2010
As temporadas taurinas, as escolas e as gadarias som financiadas com dinheiro público que também pagamos as galegas e os galegos, que quem menos interesse temos nas touradas em todo o Estado. Segundo diversos inquéritos, 90% consideramos que a tortura dos animais como divertimento deve ser suprimida, e a imensa maioria da populaçom nunca assistimos nem assistiremos a umha corrida de touros.
Por todo isto demandamos:
1. O cessamento imediato de ajudas encobertas às touradas por parte de todas as instituiçons públicas, nomeadamente a Deputaçom de Ponte Vedra, principal suporte público na nossa cidade.
2. Que o Parlamento da Galiza modifique a Lei 1/1993, de Protecçom de animais domésticos ou selvagens em cativeiro, que exclui no seu artigo 5º as touradas, para que proíba estas actividades.
3. O cessamento do uso de espaços públicos para a promoçom das touradas, assim como a supressom nos programas de festas editados pola nossa cámara municipal.
4. A declaraçom de Ponte Vedra como “Cidade antitouradas e amiga dos animais”.
5. A reconversom da praça de touros num coliseu para espectáculos culturais e concertos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario