
Ola amig@:
Tras a prohibición das corridas de touros en Catalunya temos que seguir traballando para extender a abolición ao resto do estado. Por iso póñome en contacto contigo para informarche que o próximo 21 de Agosto sábado, Equanimal, CAS International e AnimaNaturalis organizaremos un acto multitudinario en Bilbao pola abolición da tauromaquia.
Este acto terá lugar en plena festa da Semana Grande de Bilbao (Aste Nagusia) fronte ao internacionalmente coñecido museo Guggenheim. Consistirá en conformar no chan entre todos @ voluntari@s pintados de corpo enteiro o debuxo dun touro ensanguentado polas feridas recibidas. Simbolizaremos así cos nosos corpos semidesnudos o sufrimento que padecerán os touros asasinados no rodo durante as festas de Bilbao.
Ao finalizarmos o acto irémonos duchar, comer e repor enerxías para continuarmos esixindo a abolición da tauromaquia asistindo a unha concentración fronte á praza de touros de Bilbao, onde terá lugar a primeira das corridas de touros programadas para a Semana Grande.
Despois desta xornada de activismo convidámoste a unha festa para que tod@s os participantes teñamos a oportunidade de descansar, coñecernos mellor e gozar nun ambiente libre de explotación animal: ¡anímate! ¡Apúntate canto antes e convence aos teus amig@s para que se animen tamén! Necesitamos que participen o maior número de persoas posibles para formar o touro ou para axudar en diversas tarefas e ti pódesnos axudar a conseguilas. Deste xeito o noso berro de abolición poderá chegar máis lonxe.
Para chegar a Bilbao dende Galicia coordinaremos coches. Se tes vehículo, nós encargarémonos de tentar enchelo con persoas que queiran ir ao acto e non teñan vehículo propio. Se non o tes metéremoste con xente que precise encher o seu vehículo. Deste xeito a viaxe resultará máis amena e económica.
Unha vez en Bilbao poremos á túa disposición aloxamento para a noite do sábado cunha ducha e WC, almorzo o mesmo día do acto, comida para despois do acto e un pavillón con duchas contratado especialmente para ducharnos despois do acto. Para non quedares sen aloxamento terás que apuntarte canto antes e confirmar que fixeches un ingreso de 15 euros no seguinte número de conta. O prazo para apuntarse e facer o pago remata o 18 de agosto.
BBVA 0182-4022-12-0201520820Especifica no concepto Nome +1er apellido + aloxamento
Confirma a túa asistencia e/ou a das túas amig@s escribíndome un e-mail ou chamándome a:
Galicia@equanimal.org
Tef: 697 781 335
¡Agardo a túa resposta! Grazas por defenderes aos animais. Apertas!
Yolanda González
Voluntariado Galicia | Fundación Equanimal
Apartado 14.454, 28080-Madrid
697 781 335| www.equanimal.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario