sábado, 29 de junio de 2013




ASUNTO:  Solicitude prohibición de corridas de touros concello Muiños

                                                EXPÓN

A delegación en Ourense da  Asociación para a Defensa da Natureza de Galiza (ADEGA), ven de tomar coñecemento, por medio informacións de xornais, sobre “safaris” que proceden de xestións que esta a realizar concelleiros  do Concello de Muiños, que supoñemos amparadas  polo actual alcalde, e que son descritas como “safaris” no medio da autonomía de Castela, o que sempre foi referido como a España profunda,  na procura de bois para o sacrificio nunha artificial e artificiosa praza de touros portátil  que pretenden instalar a Concellaria de cultura de Muiños con motivo das festas principais da Localidade.  Creemos os defensores dos animais e da cultura galega que estamos a tempo de impedir estes grotescos espectáculos da chamada “tauromafia” en Muiños, son moitas as circunstancias que así o aconsellan motivos que creemos coñecen perfectamente no Concello, motivos claramente culturais, posto que a “tauromafia” desprestixia e deturpa as festas tradicionais galegas, motivos filosóficos e éticos que condenan  claramente o maltrato os animais, posto que son seres sensibles, motivos ecoloxistas de educación ambiental, de dar exemplo a veciños e  a sociedade en xeneral sobre o respecto o medio ambiente, motivos económicos da crise da perda onde estragan  inxentes  recursos públicos nestes momentos de paro, recortes e miserias, etc. Moitas son os argumentos que temos esgrimido unha e outra vez sobre a prohibición destas barbaridades taurinas. E queremos dar unha nova e reveladora, que tal teña algún efecto e que incluso permitan o alcalde impoñer unha nova opinión a sectores mais recalcitrantes e ultramontanos (concellaría de cultura) que podan existir e ter poderes ocultos na administración do Concello de Muiños. Nesta petición o Concello e mais en concreto o alcalde, xuntamos o documento TAURINENSIS EDITIO, gran documento de orden moral sobre os perigos que entraña este “circo de sangue”  paganismo bárbaro  e sanguento que son as touradas, que son criticadas  polo Papa como obra do diaño mais que dos homes e que poden afectar a alma de persoas crentes na fe cristiá que supoñemos maioritarias dentro do Concello de Muiños, un dos concellos con poboación mais avellentada de toda Galiza. Xuntamos o documento no latín orixinal co fin dunha lectura mais profunda dada conta da espiritualidade inmanente do documento Papal e lembramos o alcalde a transcendencia da chegada dun novo Papa de claras referencias franciscanas, Pedimos o alcalde que se impoña fronte a falsos postulados “tauromaficos” da xa clasica caspa, carcundia e roña, representados na concellaria de cultura.
De acordo coa Lei 27/2006, de 18 de xullo, que regula os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE) solicito me resposten a información demandada.
                                                  Por todo isto, SOLICITA;
 Que teñan a ben por parte das autoridades do Concello de Muiños de instalar unha normativa contra o mal trato dos animais na que quede prohibida a mal chamada “festa  dos touros”. Ficando o Concello de Muiños Que  entre as autoridades do concello, incluído o alcalde,  poda establecerse , e despois dunha seria reflexión non baseada no resentimento, outro tipo de festas baseadas en tradicións galegas onde quede desterrado para sempre o mal trato os animais.
Pedimos saber por parte do Concello que tipo de partidas presupostarias son destinadas o triste espectáculo de mal trato e sufrimento animal que representa as corridas de touros, sobre todo porque non parece normal que sexan fondos da concellaría de cultura as que amparen economicamente este “circo de sangue e mal gusto de tortura de inocentes animais”.
Esperando nos informen da tramitación que lle dea, despedímonos cordialmente.

                                            En Ourense,   02  xuño, 2013



CONCELLO  DE MUIÑOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario